TEMPLO DOS DEUSES GALAICOS

Cruzaches o limiar cara a un espazo sagrado dedicado ás antigas divindades da nosa terra. Este é un lugar de encontro entre o vello e o novo. Onde o eco dos Deuses, as antergas e os espiritos atopan o seu fogar dixital.
Para manter a harmonía deste templo, pedimos a cada visitante entrar con respecto e consciencia. Convidámoste a ser responsable co contido que compartas: a devoción constrúese desde a honestidade e o aprecio polas nosas raíces. Este é un espazo libre de odio e dedicado exclusivamente a nosa espiritualidade.

Que a forza dos Deuses Galaicos guíe os teus pasos.

NAVIA

Navia é a esencia mesma da terra e o latexo eterno da Galiza, a Gran Nai creadora, da terra e dos Deuses. Como Señora das Augas, o seu nome flúe nos ríos, sendo a forza purificadora que permite a vida e nutre os vales fértiles para asegurar a abundancia das colleitas. Máis aló do seu papel como dadora de vida, Navia posúe a súa faceta máis mística e profunda como guía das almas; ela é a Deusa psicopompa que custodia o paso cara ás portas do Alén, convertendo as correntes de auga na ponte sagrada que conduce aos defuntos cara ao seu descanso final. En definitiva, é unha divindade soberana que acompaña ao ser humano en todos os seus ciclos, desde o nacemento ata a viaxe definitiva polo río que conduce ao reino de Reve.

REVE

Nas cimas máis altas de Galicia habita o Deus Reve, pai de Deuses. Como señor do ceo e das tormentas, a súa voz retumba no trono, mais o seu poder non só reside no alto. El é o Deus sanador, o gran mestre que golpea a rocha para crear as augas subterráneas, quentes e medicinais que abrollan das entrañas de Galicia para curar corpo e alma.

E soberano do Alén, Reve actúa como guía e consolo do seu pobo. É o custodio incansable das portas que se abren ao seu reino espiritual, protexendo o tránsito entre mundos. No calor das súas fontes e no ruxido dos seus tronos, Reve permanece como o protector eterno, o principio e o fin do destino galaico.