IRMANDADE DAS MEIGAS PAGÁS

DE GALIZA

IRMANDADE DAS MEIGAS:

AS HERDEIRAS DA TERRA

Espertando o saber antigo, honrando a terra e conectando cos devanceiros. Adicadas ao estudo, recuperación e práctica do paganismo galaico antigo e actual. Mantendo viva a chama das nosas tradicións e o folclore máxico de Galicia. 

Benvidas ao corazón da Meigaría Pagá. 

QUÉ É A IRMANDADE DAS MEIGAS

A Irmandade das Meigas Pagás de Galiza é unha relixión pagá iniciática e mistérica, que convida a percorrer a senda da antiga espiritualidade galega. A través dela, descubrirás os nosos Deuses, a nosa maxia e as tradicións máis profundas da nosa Terra.

A nosa base susténtase na recuperación das crenzas ancestrais que permaneceron vivas ou documentadas. Alí onde o fío da transmisión se perdeu no tempo, completamos o noso saber coas costumes e cosmovisións do resto da Europa celta, mantendo sempre a coherencia coa nosa identidade.

O paganismo galaico é o estudo e a práctica da relixión precristá de Galicia: os seus ritos, os seus mitos e a súa espiritualidade. Porén, non nos limitamos a mirar cara atrás; non somos só reconstrucionistas. Entendemos que o paganismo debe ser unha realidade viva, capaz de dar resposta e sentido á nosa vida na actualidade.

Residas onde residas, as portas da Irmandade están abertas pra ti.